galego
16
1
Instalación
1.1 Conexión á rede eléctrica. A máquina
envasadora estará activa sempre que o teu
frigorífi co permaneza conectado á rede eléctrica.
Sigue as indicacións de instalación do manual de
instrucións do teu frigorífi co.
2
Uso
2.1 Envasado ó baleiro. Abre o caixón da envasadora
(2.1.1) e levanta a tapa de envasado (2.1.2), o
led iluminarase para indicarche que a máquina
está activa. Pasado un minuto sen realizar acción
algunha, o led e a envasadora apáganse. Para
volver a activar, levanta de novo a tapa (2.1.2). Na
máquina envasadora, dispós dun espazo debaixo
da bandexa de traballo onde almacenar bolsas xa
preparadas. Levanta a bandexa de traballo para
acceder a elas (2.1.3).
Enche a bolsa co alimento a envasar (2.1.4).
Coloca a bolsa pola súa parte aberta na zona de
envasado, evitando que pase por enriba da peza
tope (2.1.5).
Baixa a tapa de envasado (2.1.6), prémea
lixeiramente e pulsa
(2.1.7).
A máquina realiza a operación de envasado ó
baleiro e selado da bolsa. Ó terminar, levanta a tapa
de envasado e retira a bolsa.
Podes dete-lo ciclo de baleirado e selado en
calquera momento pulsando
.
Advertencia: Para evitar que a máquina se dane
por unha utilización continuada, conta cun sistema
de bloqueo que a detén despois de 15 operacións
consecutivas, permanecendo bloqueada durante
10 minutos. Se desconécta-lo frigorífi co ou se
produce un corte de subministro eléctrico, a
máquina envasadora permanecerá 10 minutos
bloqueada ata estar de novo operativa.
2.2 Outras funcións da envasadora.
Súper selado. Utilízase para realiza-lo selado en
bolsas grosas ou que non selan ben. Para activar/
desactivar, pulsa
durante 3 segundos coa
tapa levantada.
Baleirado de botes. É posible realizar unha
operación de baleirado en botes e recipientes
similares. Para iso, debes conecta-lo accesorio
para botes ó tubo de baleirado (4.2) e ó bote e
pulsar
. O proceso de baleirado poñerase
en marcha deténdose automaticamente cando
estea terminado.
A operación de selado permanece desactivada
durante o baleirado de botes. O accesorio para
baleirado de botes non se encontra incluído na
envasadora.
Envasado sen baleiro. Podes envasar un
alimento sen necesidade de face-lo baleirado.
Para iso, sigue os pasos (2.1.1 a 2.1.5) e pulsa
dúas veces consecutivas (2.2.4). A
máquina ignorará a operación de baleirado e só
selará a bolsa.
Recambios. A máquina foi deseñada para utilizar
exclusivamente bolsas gofradas de entre 95µ e
150µ. En ningún caso, se pode consegui-lo
baleirado en bolsas máis fi nas de 95µ.
Podes adquirir recambios para a túa envasadora
en servizo de soporte técnico de Fagor, tanto
de bolsas individuais como en rolo. As bolsas
en rolo deben ser preparadas previamente. Para
iso, corta ó tamaño de bolsa desexado cunhas
tesoiras (2.2.1) e coloca un dos extremos abertos
na zona de selado evitando que a bolsa pase
por riba da peza tope (2.2.2). Baixa a tapa de
envasado (2.2.3), prémea lixeiramente e pulsa
dúas veces consecutivas (2.2.4). A bolsa
queda lista para o seu próximo uso.
3
Mantemento e
limpeza
É moi importante que a zona de envasado
se manteña sempre limpa. A máquina podería
aspirar restos de líquidos ou sólidos danando a
bomba e os seus compoñentes internos. Limpa a
zona de envasado despois de cada uso (3.1).
Ó terminar, limpa a zona de envasado e a
bandexa de traballo (3.1, 3.2).
4
Diagnósticos
Non realiza o baleirado
• Comproba que a bolsa está introducida
correctamente na zona de envasado e non supera
a peza de tope (2.1.4).
• Cambia a bolsa, podería ter buratos.
• Comproba que a peza de gomaespuma da parte
inferior está correctamente colocada (4.1).
• Comproba que nada obstrúa o tubo de baleirado
(4.2).
Non sela
• Comproba que as xuntas están correctamente
colocadas na máquina (4.1).
• Aumenta o tempo de selado. Pulsa
durante 3
segundos.
Non manipúle-la envasadora para intentar
reparala. Chama ó servizo de asistencia técnica.